IAU Boletín Blog

Boletín de Divulgación Astronómica da Unión Astronómica Internacional (IAU)

Maio 2018 #2

Neste boletín:

0) Nota dos editores
1) Exposición virtual de fotografía sobre contaminación luminosa
2) Noticias dos EEUU
3) 50 horas para 50 nacións – O telescopio do Observatorio de Las Cumbres
4) Explorando o universo captado polo telescopio Subaru
5) Únete ás campañas Globe at Night de 2018!
6) Obradoiro de divulgación Europlanet: Tocar os planetas, avaliar a excelencia
7) Guías de recursos para astronomía e educación astronómica
8) Efemérides de observación de 2018
9) Encontros e actividades globais de 2018
10) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas
11) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2018!

0) Nota dos editores

Nas últimas semanas o noso equipo empezou a traballar nun novo proxecto. En decembro, a OAO e o NAOJ lanzaron a proposta de organizar un Simposio da IAU baixo o lema “Astronomía para a Igualdade, Diversidade e Inclusión – unha folla de ruta para as actuacións no marco do centenario da IAU”. Estamos encantados de anunciar que a nosa proposta foi aceptada pola IAU e que organizaremos este simposio en Toquio, do 12 ao 15 de novembro de 2019. Non perdades as noticias e actualizacións periódicas sobre o proxecto. A pasada semana, ademais, demos a benvida a unha nova persoa ao noso equipo: Berenice Himmelfarb. Berenice estará con nós, traballando na Rede de Tradución Astronómica, até novembro de 2018.

Neste número queremos destacar a próxima exposición virtual sobre contaminación luminosa, a exploración do universo co proxecto Subaru e as campañas Globe at Night.

Desexámosvos unha feliz lectura e ceos despexados!

O equipo da Oficina para a Divulgación da Astronomía da IAU

1) Exposición virtual de fotografía sobre contaminación luminosa

A Inter-División B-C “Comisión sobre protección dos existentes e potenciais sitios de observación”, a Comisión C1 “Educación e Desenvolvemento da Astronomía”, e a Oficina de Divulgación Astronómica (OAO) da IAU convidan á comunidade internacional a que comparta as súas fotos para a primeira exposición virtual de fotografía sobre contaminación luminosa. Esta exposición virtual será unha actividade satélite da XXX Asemblea Xeral da IAU en Viena; as fotografías seleccionadas amosaranse dixitalmente en varios lugares para crear conciencia entre os e as asistentes do impacto da contaminación luminosa nos sitios astronómicos. A data límite para o envío de imaxes é o 31 de xullo de 2018.

Podes atopar todos os detalles sobre como enviar as túas achegas fotográficas nesta ligazón: https://www.iau.org/public/oao/e-lp/.

2) Noticias dos EEUU

a) Festival Astronómico no National Mall “Baixa o Universo á Terra”

En Washington, DC, o sábado 23 de xuño das 18 ás 23 horas todas as persoas que queiran poderán recibir de balde unha visita guiada polo ceo no 9º Festival Astronómico Anual no National Mall. Esta sesión de observación pública está organizada polo Dr Donald Lubowich, coordinador de divulgación astronómica da Universidade Hofstra. O Festival Astronómico do National Mall (AFNM) incluirá observacións solares, ópticas e por radiotelescopio do Sol, a Lúa, Xúpiter e Saturno, xunto a actividades prácticas, demostracións, espectáculos de planetario cunha cúpula portátil e relatorios de conferenciantes de organizacións científicas e educativas. Será unha grande oportunidade para mesturarse con astrónomos e astrónomas.

Para saber máis visitade o sitio web https://www.hofstra.edu/academics/colleges/hclas/physic/physic-nationalmall.html

3) 50 horas para 50 nacións – O telescopio do Observatorio de Las Cumbres

Global Hands-On Universe” foi premiado con 50 horas de observación polos  telescopios de 0,4 metros da rede do Observatorio de Las Cumbres. O proxecto busca agora profesorado de todo o mundo que queira compartir este tempo de observación. Se queres unirte ao proxecto, podes contactar cos membros do equipo Adriana Demmon (adriana.demmon[at]mitacademy.org) ou Carl Pennypacker (crpennypacker[at]lbl.gov) e informarte de como participar. O equipo está producindo ademais grandes recursos para apoiar á comunidade educativa. Prestade atención ás novidades deste proxecto.

Visitade http://lco.global para aprenderdes máis sobre esta rede de telescopios.

4) Explorando o universo captado polo telescopio Subaru

A Hyper Suprime-Cam (HSC), montada no telescopio xaponés Subaru localizado en Hawai’i, é unha cámara dixital xigante das que fan época. Desde 2014 lévanse desenvolvendo sondaxes exhaustivas coa HSC e a primeira serie de datos foi publicada en febreiro de 2017. Os datos das sondaxes compilados polo telescopio Subaru son agora facilmente accesíbeis empregando o visor do HSC no teu ordenador ou táboa. O equipo convida a calquera persoa a experimentar de primeira man como é de expansivo o universo real observado polo telescopio Subaru.

Podes aprender máis sobre o visor aquí: https://www.nao.ac.jp/en/news/topics/2018/20180308-hscviewer.html

Os dous filmes que hai no sitio web dispoñen de dobraxe ao inglés, francés, español e xaponés. Estes filmes poden verse tamén no canal de Youtube do NAOJ.

5) Únete ás campañas Globe at Night de 2018!

Globe at Night é unha campaña internacional de ciencia cidadá que aspira a crear conciencia sobre o impacto da contaminación luminosa convidando á cidadanía a que mida o brillo do ceo nocturno e comparta as súas observacións. É doado participar, todo o que precisas é un ordenador ou teléfono con acceso á Internet. Podes atopar as datas para as próximas campañas aquí: https://www.globeatnight.org/5-steps.php#d2018

Planifica as campañas de xuño, xullo e agosto: do 4 ao 13 de xuño, do 4 ao 13 de xullo e do 2 ao 11 de agosto de 2018, tanto para o hemisferio norte como para o sur.

6) Obradoiro de divulgación Europlanet: Tocar os planetas, avaliar a excelencia

Xa está aberto o prazo para o obradoiro de divulgación Europlanet “Tocar os planetas, avaliar a excelencia”, que se celebrará en Atenas o 2 e 3 de xullo de 2018. Este ano o obradoiro irá dirixido principalmente (mais non exclusivamente) ao colectivo de astrónomos e astrónomas amadoras e tratará sobre a avaliación das actividades de divulgación. A data límite para o rexistro é o luns, 4 de xuño.

Máis detalles e información sobre o rexistro: https://bit.ly/2x9XTUc

7) Guías de recursos para astronomía e educación astronómica

Informamos da existencia de guías novas ou actualizadas de recursos para profesorado e estudantes sobre os seguintes temas: mulleres na astronomía, Plutón e o cinto de Kuiper, fontes das mellores imaxes astronómicas, actividades gratuítas de laboratorio na rede, teatro e cinema sobre astrónomos e astrónomas, o catálogo Messier e o desenmascaramento da pseudo-ciencia astronómica.

Para máis información, visitade o sitio web http://www.fraknoi.com/resource-guides-on-astronomy-education/

Dámoslle as grazas a Andrew Fraknoi por compartir estes recursos.

8) Efemérides de observación de 2018

Ao achegármonos á metade do 2018, queremos recordarvos unha vez máis as moitas razóns para a observación nocturna que temos por diante este ano. Das eclipses lunares ás chuvias de meteoros, é moito o pracer que a noite nos ofrece simplemente mirando cara ao ceo. Nesta infografía atoparás dez interesantes efemérides para ter en conta neste 2018. Ademais, podes consultar a selección de oito eventos da National Geographic, así como este artigo en Big Think.

9) Encontros e actividades globais de 2018

Podes atopar aquí unha listaxe de eventos e conferencias de divulgación e educación astronómica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!

Engadido hai pouco

ASP2018: Astronomía para todas as persoas – Conferencia sobre educación, comunicación e diversidade en ciencia
Data: do 10 ao 13 de setembro de 2018
Lugar: Sonoma Wine Country, CA
Máis información: https://www.astrosociety.org/about-us/asp-annual-meetings/asp-2018-annual-meeting/

Próximas actividades

a) Día do asteroide
Datas: 30 de xuño de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://asteroidday.org/

b) Sociedade Planetaria Internacional 2018
Data: do 1 ao 6 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: http://www.ips-planetarium.org/page/IPS2018Toulouse

c) Campamento Internacional para a Promoción da Ciencia (ISEC)
Data: do 6 ao 22 de xullo de 2018
Lugar: Barcelona, España
Máis información: http://www.isec2018.wordpress.com/

d) 5ª Conferencia Europea de Xornalistas de Ciencia
Data: 8 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, Francia
Máis información: https://www.ecsj2018.eu/)

e) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018
Datas: do 9 ao 14 de xullo de 2018
Lugar: Toulouse, France
Máis información: https://www.esof.eu/en/

f) Committee on Space Research – COSPAR
Datas: do 14 ao 22 de xullo de 2018
Lugar: Pasadena, California (EEUU)
Máis información: http://cospar2018.org/

g) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)  & Cimeira InterNational Astronomy Teaching
Datas: do 22 ao 27 de xullo de 2018
Lugar: Hilo, Hawai’i, EEUU
Máis información: rtsre.org

h) Asemblea Xeral da IAU
Datas: do 20 ao 31 de agosto de 2018
Lugar: Viena, Austria
Máis información: http://astronomy2018.univie.ac.at/

i) ASP2018: Astronomía para todas as persoas – Conferencia sobre educación, comunicación e diversidade en ciencia
Data: do 10 ao 13 de setembro de 2018
Lugar: Sonoma Wine Country, CA
Máis información: https://www.astrosociety.org/about-us/asp-annual-meetings/asp-2018-annual-meeting/

l) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria
Datas: do 16 ao 21 de setembro de 2018
Lugar: Berlín, Alemaña
Máis información: https://www.epsc2018.eu/

m) Conferencia .Astronomy
Datas: do 24 ao 27 de setembro de 2018
Lugar: Baltimore, EEUU
Máis información: https://www.dotastronomy.com/

n) Congreso Xeración Espacial
Datas: do 27 ao 29 de setembro de 2018
Lugar: Bremen, Alemaña
Máis información: https://spacegeneration.org/sgc2018

ñ) Congreso Aeronáutico Internacional
Datas: do 1 ao 5 de outubro de 2018
Lugar: Bremen, Alemaña
Máis información: http://www.iafastro.org/events/iac/iac-2018/

o) Semana Mundial do Espazo
Datas: do 4 ao 10 de outubro de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://www.worldspaceweek.org/

p) Noite Internacional de Observación da Lúa
Datas: 20 de outubro de 2018
Lugar: todo o mundo
Máis información: http://observethemoonnight.org/

q) V Festival Starmus: un paso de xigante
Datas: do 24 ao 29 de xuño de 2019
Lugar: Berna, Suíza
Máis información: https://www.starmus.com/

Esquecemos algo? Entón comparte os teus encontros sobre educación e divulgación astronómica con nós vía outreach@iau.org.

11) Boletín de divulgación astronómica da IAU noutras linguas

-Tradución ao serbio, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: https://twitter.com/IAU_srpski;

-Traducións ao xaponés a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a través da Rede de Tradución Astronómica: http://bit.ly/2xlNyCR. Se queres recibir a tradución ao xaponés do boletín, subscríbete á Asociación Xaponesa de Astrónomos Afeccionados, http://www.jaaa-astro.jp/jaaa-ml.html, ou á Sociedade Xaponesa pola Educación e Divulgación da Astronomía, http://www.tenkyo.net/;

-Traducións ao galego, pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, en España, aquí: http://agrupacionio.com/gl/tag/boletin-iau;

-Traducións ao español, elaboradas por:

Emilio Zúñiga, ASAFILE, Asociación de Astrónomos Aficionados de León, Nicaragua: http://asafile.blogspot.jp/p/blog-page_12.html;

Basilio Solís-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronomía, Universidade de Bonn: http://astronomia-para-todos.blogspot.de;

Se estás interesado en traducir o noso boletín ao teu idioma, por favor contacta con nós vía outreach@iau.org.

12) Contribucións ao boletín de divulgación astronómica da IAU – desexamos noticias vosas en 2018!

Na Oficina de Divulgación Astronómica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educación e divulgación astronómica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con nós en 2018! Se estás organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educación e comunicación da astronomía, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboración ProAm en astronomía ou creaches recursos educativos, fáinolo saber por correo electrónico: outreach@iau.org.

Tradución: Martin Pawley (Agrupación Ío). Podes consultar o boletín en inglés nesta ligazón.