O Ministerio de Industria, Comercio y Turismo abriu até o pasado 31 de marzo unha consulta pública previa á elaboración do proxecto de Real Decreto polo que se actualiza o regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior e as instrucións técnicas complementarias, que fora aprobado polo Real Decreto 1890/2008 de 14 de novembro. O Grupo de Traballo de Contaminación Luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío elaborou un documento con ideas e aspectos que debería ter en conta o novo regulamento, en favor da redución da contaminación luminosa. O documento é a todos os efectos público, así que compartímolo con todas as persoas interesadas a través do noso blog. Podedes consultalo aquí.